Zonas submarinas
O pertencente á
plataforma continental, máis concretamente os primeiros metros dende a
costa, ofrécenos un espectáculo grazas á súa comunidade
de seres vivos.
As algas elixen diferentes substratos. Así as correas
prefiren fondos de grava mentres que as cintas aséntanse
sobre rochas. As máis grandes, as laminarias (de
ata 4 m de lonxitude) aséntanse en rochas e forman bosques submarinos
que ofrecen protección e refuxio. Outras como os carballóns
teñen vexigas de aire que lles axudan a manterse erguidas e a flotar
durante a baixada da marea. Na Coruña podemos atopar máis de 30
especies de algas.
E
vive a fauna submarina. Entre os peixes son frecuentes o abichón
ou a castañola, douradas e blenios, todos eles en zonas rochosas
ou peixes planos nos fondos de area. Moluscos como quitóns e
orellas de mar ou outros máis apreciados como xibas
ou polbos.
|