Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Gaviota
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Praias e rochas

As nosas  praias , e as zonas rochosas que as rodean, son fervedoiros de vida. Pasear á beira do mar supón atoparse con restos chegados á praia que nos falan da vida na costa: caparazóns de ourizos de mar, cunchas de multitude de especies, algas arrincadas dos fondos...

Achegarse ás rochas que rodean a praia durante a marea baixa descóbrenos todo un mundo agochado. As algas como as correas ou os carballóns agárranse ás rochas e xunto delas, nas pozas de auga salgada, algas vermellas de diferentes especies mestúranse con algas calcáreas, de consistencia semellante aos corais e tapizando as rochas. E quen non coñece a leituga de mar? É esa alga verde case translúcida presente en case todas as charcas de auga salgada. Nesas mesmas pozas ou nas gretas unha multitude de invertebrados percorren o intermareal, como cangrexos queimacasas, minchas ou lapas. Outros, en cambio, permanecen inmóbiles como as diferentes anémonas ou os balanos, en espera de que volva subir a marea. Ourizos e estrelas de mar son tamén dos máis coñecidos por todos.

Tamén aquí varias especies de aves acoden a alimentarse da multitude de pequenos animais: gaivotas, virapedras e andarríos ou tamén chamado bilurico bailón.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Ecosistemas  
» Onde ver aves (Itinerario)
» Plan de xestión
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Flora e fauna
© Aviso legal