Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Gaviota
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 O porto

A intensa actividade portuaria non é obstáculo para uns cantos animais que obteñen o seu alimento nesta zona. Non é raro observar unha manda de delfíns mulares entre o dique de abrigo e o Castelo de San Antón. En ocasións incluso se pasean pola dársena. Entre cargueiros, arrastreiros ou palangreiros, voan varias especies de gaivotas. As máis comúns son a patiamarela, a sombría ou escura e a chorona. Na auga é doado descubrir corvos mariños grandes e alcas.

Un lugar sorprendente é o rompeondas flotante situado fronte ao Castelo de San Antón. Construído a base de pneumáticos usados, é o refuxio durante a preamar dun impresionante número de aves acuáticas que inclúen correlimos ou pilros comúns, escuros e gordos, agullas de cola pinta, virapedras ou píllara raxada, corvos mariños grandes e cristados… Ademais, é o lugar de repouso de centos de gaivotas choronas, cabecinegras e escuras, gaivotóns, carráns patinegros e moitas outras especies de aves.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Ecosistemas  
» Onde ver aves (Itinerario)
» Plan de xestión
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Flora e fauna
© Aviso legal