Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Gaviota
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Xardíns e parques

Ademais do fogar de extraordinarios exemplares de árbores ornamentais, estes lugares albergan unha nutrida comunidade de pequenos animais. Nos xardíns do centro da cidade, como os cantóns de Méndez Núñez, San Carlos ou Santa Margarida, son moi abundantes paxaros como o mosquiteiro ou picafollas ibérico, o carboeiro ou ferreiriño garrapino, o carboeiro común, a rula turca, a pomba torcaz ou pombo, o merlo… E, por suposto, tamén os omnipresentes pardais e as pombas. A última hora da tarde e a primeira da mañá, durante os meses máis fríos, os estorniños pintos forman grandes bandadas. Entón é tamén posible observar o falcón peregrino mentres os intenta cazar. Outras aves de presa propias dos nosos ceos, máis frecuentes cara ás aforas, son o buxato ratoeiro, o gabián e o lagarteiro vulgar.

Nos  parques de San Pedro-Cortigueiro  e  Bens  os pardais e xílgaros forman bandadas de decenas de exemplares. No inverno, os bisbitas, tamén chamados pica papuda percorren sen descanso as amplas extensións de herba. No verán, as rulas comúns fan os seus niños entre os macizos naturais de toxo. Outros animais típicos destes grandes parques son o lagarto ocelado, o coello e mesmo o raposo. E, por suposto, infinidade de pequenos invertebrados que son o principal alimento de todos os anteriores.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Ecosistemas  
» Onde ver aves (Itinerario)
» Plan de xestión
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Flora e fauna
© Aviso legal