O tranvía histórico
Nos últimos dez anos A Coruña está vendo como as súas
infraestruturas se renovan e modernizan. A existencia do paseo
marítimo , que abraza agora toda a península da cidade,
revalorizou barrios e áreas que permanecían á marxe das principais
vías de comunicación urbana.
Os coruñeses aprendemos que o paseo é o lugar axeitado, incluso
nos seus tramos máis afastados, para o ocio de persoas de todas as idades,
dende os paseantes a deportistas, ciclistas ou patinadores, nenos, mozos ou
maiores que o percorren cada día.
Pero o paseo non ten só esa función de andar e vagar. Dende o
mesmo momento da súa concepción, é unha vía
de circunvalación que complementa a rede viaria urbana, rodeando
toda a península coruñesa e enlazando coas principais rondas.
Así o dixo o alcalde en máis dunha ocasión: "o
tranvía do paseo marítimo é o comezo dun proxecto mediante
o cal tranvías lixeiros percorrerán o paseo e as rondas, chegarán
ás estacións de autobuses e de ferrocarril e enlazarán
co porto e coa universidade, conectando con toda a área metropolitana
coruñesa".
Tranvía
|