Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Mujer apresurada
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Historia do tranvía

O primeiro tranvía que funcionou na cidade fíxoo o 1 de xaneiro de 1903. Circulaba, tirado por mulas, cubrindo o traxecto entre Porta Real e a Estación de Ferrocarril. Só un ano antes matriculábase o primeiro automóbil. Daquela A Coruña contaba con 40.000 habitantes e a súa extensión limitábase, aproximadamente, ao que hoxe é a Ronda de Outeiro.

En 1901 constituíuse a Compañía de Tranvías da Coruña, que comezou coas cocheiras situadas no actual edificio da Delegación de Facenda, fronte á praia do Orzán, e con oito vehículos de tracción animal, un par de mulas por vehículo. As seguintes liñas que se inauguraron foron as de San Andrés, Catro Camiños a Monelos, etc.

En 1913 inaugúrase a liña eléctrica, que substituiría a tracción animal, proposta aprobada catro anos antes.  O número 32  incorporábase á flota. Só dous anos despois xa se estaba planificando o tranvía interurbano, con liñas ata Sada.

Co crecemento da cidade, fóronse ampliando as liñas por Ciudad Jardín, pola rúa da Torre...

Despois da crise do transporte motivada pola guerra civil, en 1948 comezan a circular os primeiros trolebuses, antecesores dos actuais autobuses, pero movidos por enerxía eléctrica, transportada polos "troles". Durante catorce anos os dous medios conviviron, pero finalmente en xullo de 1962, o último tranvía, a liña tres, fixo a súa última viaxe ata a Cidade Escolar.

Trinta e cinco anos despois o tranvía recupérase para A Coruña, cunha visión moderna, un sistema de transporte tradicional, ecolóxico e sostible.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Estado actual  
» Tranvía histórico
» Metro lixeiro
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Mobilidade urbana
© Aviso legal