Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Mujer apresurada
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Funcionamento

Para que o tranvía funcione existen, ademais dos propios vehículos, unha serie de infraestruturas necesarias:
Todo o percorrido está seguido pola liña que lle subministra electricidade ao tranvía, a "catenaria". Este cable de cobre, de 150 mm2 de sección, a unha altura de cinco metros e medio sobre o chan, é o que lle proporciona a enerxía ao vehículo, que a toma por medio dun trole ou pértega e devólvea ás vías ata a subestación, polo que non existe ningún perigo. Esta condución está sostida por farois que realizan a dobre función e que adornan o paseo.

A subestación está situada xunto das cocheiras, na antiga canteira das Lagoas. Aquí transfórmase a corrente eléctrica subministrada pola rede, dende os 20.000 voltios aos que entra ata os 600 voltios de saída, por medio dun transformador. Un rectificador converte esta corrente alterna en continua, que é a que empregan os vehículos.

Xunto da subestación, están as cocheiras, un edificio propio para os tranvías, onde repousan fóra de servizo e con instalacións axeitadas para a súa reparación e o seu mantemento periódicos. Neste edificio, na súa planta superior, proxéctase o futuro Museo do Tranvía, que pasará a formar parte da oferta educativa e de museos da cidade.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Estado actual  
» Tranvía histórico
» Metro lixeiro
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Mobilidade urbana
© Aviso legal