Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Mujer apresurada
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Unha vella idea

A recuperación do antigo tranvía non é algo novo e hai xa trece anos que comezou a súa andadura. Foi daquela cando se puido comprobar que nuns talleres de Zaragoza permanecía aínda gardado un dos vellos modelos "Siboney" que facían a liña A Coruña-Sada.

E unha vez que o Paseo Marítimo  era practicamente unha realidade, en 1994, o alcalde desprazouse ata a capital aragonesa para contemplar o vehículo número 32, o mesmo coche que servira na Coruña e que agora regresaría, perfectamente restaurado, á nosa cidade.

A partir deste momento, o soño comezouse a fraguar co coñecemento e co estudo doutras experiencias europeas ata que se lle puido dar forma ao proxecto de futuro.

As tres fases realizadas ata o momento son as seguintes:
En xaneiro de 1993 redactouse o "Proxecto do Paseo Marítimo de Orillamar", no que se contemplaba a execución dun tranvía entre o Castelo de San Antón e a Avenida de Navarra.

En 1996 elabórase o proxecto de "Electrificación e tracción da liña do tranvía do Paseo Marítimo de Orillamar e a primeira fase do Museo-Cocheras, vías de enlace, así como subministración e instalación de subestación eléctrica e liña aérea de contacto".

Finalmente, en setembro de 1998, redactouse o "Proxecto de vía férrea do tranvía da Coruña, tramos glorieta Avenida de Navarra-Hotel Tryp María Pita e Castelo de San Antón-Porta Real".

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Estado actual  
» Tranvía histórico
» Metro lixeiro
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Mobilidade urbana
© Aviso legal