Máis ca un tranvía
A recuperación do tranvía é o comezo dun ambicioso
proxecto que nos pon en consonancia coas cidades europeas máis
avanzadas. Zurich, Bruselas, Estrasburgo... urbes emblemáticas xa apostaron
por un transporte moderno deste tipo que abandonaran nas últimas décadas.
Esta recuperación tamén chega a España. Só dous
tranvías históricos sobreviven no noso país: Sóller
en Mallorca e Tibidabo
en Barcelona . En 1994 comeza a funcionar o servizo de tranvías
de Valencia, única cidade española precedente ao proxecto coruñés.
E o 10 de maio de 1997 inaugúrase a liña de tranvías
do Paseo Marítimo da Coruña.
Seguindo agora este exemplo de modernidade, outras cidades españolas
contan xa con proxectos deste tipo como Barcelona, Vitoria, Valladolid ou Zaragoza.
|