Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Salida de la ciudad
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Un día sen coches

Un dos ruídos máis habituais en calquera cidade é o xerado polo tráfico de automóbiles. O Día europeo sen coches, unha iniciativa anual que se coordina dende a Unión Europea, é unha magnífica ocasión para comprobar como entre todos podemos reducir a contaminación acústica das nosas rúas con só cambiar o coche por camiñar ou polos transportes urbanos.

Durante o pasado 22 de setembro, o Día europeo sen coches, realizouse a medición do nivel sonoro nun punto concreto, coa intención de comprobar a influencia do tráfico rodado no nivel sonoro da cidade. O sonómetro situouse nun punto céntrico, próximo á igrexa castrense na rúa San Andrés, con tráfico intenso habitual e que nesta ocasión estivo cerrado ao tráfico.

Ademais desta medición realizáronse outras comparativas os días 21, 28 e 29 do mesmo mes. En cada ocasión mídese o nivel de presión acústica equivalente Leq (60 s Leq), magnitude que representa o nivel de ruído constante que nun intervalo de tempo (concretamente en 60 segundos) contén a mesma enerxía sonora total có ruído variable que se produciu. En cada franxa horaria realizáronse doce medidas entre as 9:00 e as 14:00 e as 16:00 e as 18:00 horas.

Os resultados obtidos son os seguintes: o día 22, con ausencia de tráfico, rexistrouse un descenso medio do 11,5 % nos niveis medios de decibelios. O sábado foi un día "menos ruidoso" có venres. Aínda así comparando os dous sábados, a redución é significativa, dun 9,2 %.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Información xeral  
» Control do ruído
» Xestión do ruído
» Ocio nocturno
» Un día sen coches
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Ruído
© Aviso legal