Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Salida de la ciudad
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Ocio nocturno

O ocio nocturno converteuse no gran cabalo de batalla na loita contra as molestias nocturnas producidas por ruído. Equilibrar o dereito a gozar dun medio ambiente axeitado co libre exercicio das actividades económicas e a necesaria oferta de esparexemento non é un labor sinxelo.

As medidas para solucionar este problema son complexas, pois aínda que se realice un estrito control dos locais, a través das licenzas de actividade e que se leven a cabo medidas de control permanente, os niveis de ruído no exterior producidos polas aglomeracións de xente teñen difícil solución.

O Concello da Coruña, a través da súa Ordenanza municipal medioambiental, prevé algunhas medidas totalmente innovadoras, que xa foron adoptadas por unha multitude de concellos de todo o territorio nacional, e que están empezando a dar os seus resultados na actualidade.

De todas elas destaca a necesidade de que as actividades musicais conten coa instalación dunha caixa negra ou sonógrafo, que rexistra permanentemente os niveis de ruído no interior dos locais e que permite o seu posterior volcado por parte dos servizos de inspección municipais.

Outras medidas, como a imposición de distancias mínimas (25 m) entre locais e a declaración de zonas saturadas, evitaron a negativa concentración de locais, como ocorre nas “zonas de marcha”.

miércoles 23 de mayo de 2012
  » Información xeral  
» Control do ruído
» Xestión do ruído
» Ocio nocturno
» Un día sen coches
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Ruído
© Aviso legal