Rede de vixilancia
Durante os anos 2004 e 2005, o Concello da Coruña puxo en marcha o seu Plan de Xestión Integral do Ruído de acordo coa DIRECTIVA 2002/49/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO do 25 de xuño do 2002 sobre avaliación e xestión do ruído ambiental .
No devandito Plan de Xestión déuselles un tratamento especial ás zonas de ocio nocturno e a outros focos cuxa cuantificación por medio de modelos matemáticos resultaba demasiado complexa e pouco fiable, polo que se empregou a medición en continuo como método máis apropiado.
Por outro lado observouse a necesidade de realizar un seguimento a longo prazo dos grandes focos de tráfico, tanto rúas como estradas, co fin de poder validar os resultados do mapa de ruído obtidos mediante un modelo teórico, motivo polo que se instalou unha Rede de Monitoreo en Continuo de Ruído composta de cinco estacións que complementarán as dúas que actualmente se encontran operativas nas cabinas da rede de calidade do aire.
Accede os datos da Rede de Vixilancia da Contaminación Acústica.
|