O control do ruído
De todas as fontes de ruído existentes: transporte de persoas e mercadorías,
tráfico aéreo, tráfico ferroviario, transporte e servizos
públicos, ruído industrial, a construción e as obras públicas,
o ocio nocturno (discotecas, bares, salas de festas), as instalacións
(climatización, ascensores, etc.), o ruído comunitario (cans,
equipos e instrumentos de música, etc.), son sen dúbida, as
relacionadas co exercicio irregular das actividades as que xeran o meirande número
de queixas.
O control do ruído na Coruña realízano os servizos técnicos
da Sección de Aperturas do Servizo de Urbanismo, despois
da denuncia previa por escrito, e a Policía Local, coas
chamadas ao 092.
|