Proxectos
Dos proxectos e das actuacións en materia de saneamento, podemos destacar pola súa importancia a Depuradora de Bens. As obras de execución desta instalación de depuración, concluído xa de forma satisfactoria o trámite de avaliación de impacto ambiental, comezaron xa, co que culmina o longo proceso promovido por este Concello para conseguir a aprobación por parte da administración do Estado deste ansiado proxecto.
Coa Depuradora de Bens contémplanse as seguintes actuacións: a ampliación do bombeo existente, a instalación de sete desareadores-desengraxadores na fase de desbaste e pretratamento, a implantación de tres reactores biolóxicos de alta carga, oito decantadores rectangulares, catro espesadores de fangos, dous dixestores anaeróbicos, un equipo para a recuperación enerxética do biogás, así como a construción de dous edificios para os sistemas de soplantes e para o control, almacén e talleres de mantemento da EDAR . Con obxecto de minimizar a contaminación odorífica a obra de entrada, o bombeo, o pretratamento e a liña de fangos situaranse dentro de edificios e sistemas de extracción dotados de filtros. A actuación ocupa unha superficie de 59.000 m2.
|