Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños reciclando
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Un novo valor para todo o que sobra

As cidades consomen cantidades masivas de recursos en forma de bens de consumo. Gran parte destes recursos pérdense debido ao sistema imperante de "usar e tirar". Esta forma de consumo, que ás veces se deu en chamar "benestar" ou "calidade de vida", xera unha elevada produción de residuos.

Unha cidade coma A Coruña, con aproximadamente 248.000 habitantes, produciría máis de 300 toneladas diarias de residuos urbanos (segundo a media que se baralla no Plan Nacional de Residuos Urbanos de 1,2 kg por persoa e día). O tratamento que ata agora se facía destes residuos, baseado na existencia de vertedoiros, empurraba a nosa sociedade cara á insostenibilidade.

Por este motivo, dende a Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña impúlsase un proxecto que aborda o tratamento dos residuos dende unha nova filosofía, a mesma que conduce toda a política municipal cara á sostenibilidade.

Desta forma nace o novo Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña, fundamentado na idea de que reutilizar e reciclar é vital se queremos conservar os nosos recursos. Con este plan, todos os coruñeses dámoslle un novo valor a todo o que nos sobra, a través dun proceso cultural no que somos parte activa, unha tecnoloxía de vangarda, e o máximo respecto á natureza e ao medio ambiente.

Dende o ecocubo ata a  Planta de Tratamento de Residuos Urbanos de Nostián , dende os puntos verdes directamente ás plantas de reciclaxe... A cidade non só cerra un vertedoiro e gaña un  novo parque , senón que contribúe á sostenibilidade do planeta coa recuperación de materias primas.

 Residuos e solos 


miércoles 23 de mayo de 2012
  » Filosofía  
» Plan RU
» Separación en orixe
» Recollida de residuos urbanos
» Planta de Nostián
» Recuperación de Bens
» Residuos especiais
» Convenios
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Residuos e solos
© Aviso legal