Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños reciclando
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Recuperación de Bens

A Coruña é un gran balcón sobre o mar. Pero durante case vinte anos unha das súas fachadas tivo unha función escura. Dende comezos da década dos 80 as ladeiras do Monte de Bens  foron o depósito de residuos tanto da propia cidade como de municipios veciños: un vertedoiro.

A acumulación do lixo chegou ao seu límite cando o 10 de setembro de 1996 se produciu o seu derrubamento. Os residuos espalláronse en dirección ao pequeno porto  do Portiño . A nova tivo eco a nivel internacional e o tratamento dos residuos urbanos volveu ao primeiro plano das novas. Inmediatamente comezaron os traballos para evitar que se estendese a contaminación mediante a instalación de barreiras e os labores de desentullar e volver asentar as 100.000 toneladas de residuos que se desprazaron.

A partir dese momento, a xestión do tratamento dos residuos da nosa cidade cambiou radicalmente. O accidente de Bens estimulou unha seria e intensa reflexión que deu lugar a unha nova filosofía e a unha forma totalmente diferente de abordar o problema, moderna e comprometida coa conservación do contorno. A clave do futuro é, dende ese instante, a sostenibilidade. E así comeza a xestarse o actual  Plan de Tratamento de Residuos da Coruña .

De inmediato, e paralelamente, púxose en marcha o proxecto do selado e da rexeneración do vertedoiro e da recuperación do seu contorno, de forma que tivese lugar a súa transformación nun gran parque de arredor da cidade para o goce dos coruñeses e dos seus visitantes. Este parque inaugúrase o 5 de xuño do 2001, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente. 

 Recuperación de Bens 


martes 22 de mayo de 2012
  » Filosofía  
» Plan RU
» Separación en orixe
» Recollida de residuos urbanos
» Planta de Nostián
» Recuperación de Bens
» Residuos especiais
» Convenios
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Residuos e solos
© Aviso legal