Proxectos para o futuro
A cidade dos próximos anos ten máis proxectos que xa están
en marcha, proxectos que farán da Coruña un Concello máis
moderno e sostible aínda.
O gran Parque
Atlántico recuperará toda unha fachada da cidade cara
ao mar. Tres millóns de metros cadrados, concibidos como o gran pulmón
verde da cidade e no que tomarán forma diversas iniciativas medioambientais.
Proxecto Paseo
marítimo Los Rosales-Portiño-Bens. Supoñerá
a continuación do actual paseo marítimo e a súa prolongación
ata enlazar co recentemente inaugurado Parque
de Bens.
Xogos para
nenos deseñados especificamente para contornos naturais deste tipo.
Circuítos
de "saúde ambiental" de forma que se incentive a ximnasia
a través de utensilios fixos dispersos polo parque.
Creación
de rutas para ciclistas, sendeiristas, practicantes de equitación, etc.
coas súas correspondentes dotacións e sinalizacións.
Proxecto sobre
biodiversidade e ecoloxía que inclúe a plantación de árbores
e a reintrodución de especies animais para obter indicadores de sostenibilidade
biolóxica.
Proxecto e
obra para a creación da Aula
Medioambiental das Enerxías Renovables. A súa situación,
contigua á planta de coxeración, permitirá integrar esta
nas visitas.
|