Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños reciclando
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Planta de Nostián

Un dos elementos máis novidosos do Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña é a construción dunha planta integral para o tratamento dos residuos.

Esta planta consta de tres grandes módulos:
Planta de triaxe e clasificación.

Planta de tratamento da materia orgánica.

Instalacións auxiliares (Depósito de rexeitamentos e produción enerxética).

A planta comezou a funcionar en novembro de 1999 co tratamento da fracción inorgánica e en setembro do 2000 para a fracción orgánica.

Son 180.000 metros cadrados dedicados á xestión integral dos residuos nos que se investiron máis de 42 millóns de euros (7.000 millóns de pesetas). A tecnoloxía aplicada na súa construción convértea nunha das primeiras instalacións das súas características a nivel mundial. A súa capacidade de tratamento é de 220.000 toneladas/ano. Hoxe xa trata preto de 185.000 toneladas, das que 100.000 son de materia orgánica, procedentes da Coruña e da mancomunidade de municipios da área metropolitana. Ofrece emprego directo a 150 traballadores e indirecto a outros 230.

¡Case 550 toneladas ao día de residuos entran nesta planta para a súa revalorización!

 Planta de Nostián 


martes 22 de mayo de 2012
  » Filosofía  
» Plan RU
» Separación en orixe
» Recollida de residuos urbanos
» Planta de Nostián
» Recuperación de Bens
» Residuos especiais
» Convenios
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Residuos e solos
© Aviso legal