Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños reciclando
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Planta de triaxe e clasificación

Unha vez separada a materia orgánica (aproximadamente o 44 %), o papel-cartón e o vidro, os residuos restantes están compostos maioritariamente polos restos de envases. O rápido desenvolvemento da sociedade de consumo, as esixencias crecentes dos consumidores en canto á calidade dos alimentos e dos bens de consumo, e o desenvolvemento de estratexias de comercialización nas que a súa presentación chegou a ter máis importancia có propio produto en si, crearon o problema dunha cantidade crecente de residuos de envases.

Os envases e residuos de envases dispoñen de lexislación propia que marca os seguintes obxectivos de recuperación:
Para o ano 2001 valorizar como mínimo o 50 % en peso e reciclar o 25 % como mínimo en peso do total de envases (Lei de envases e residuos de envases, 1997).

Para o 2006 reciclar un mínimo dun 20 % para cada material de envase (Plan Nacional de Residuos Urbanos).

A Planta de Tratamento de Nostián dispón dunha planta de recuperación de envases deseñada para acadar os obxectivos sinalados na lexislación e con capacidade para adaptarse aos novos obxectivos que a revisión da lexislación actual poida marcar.

Este é o proceso que seguen estes residuos:
Área de recepción e descarga.
Aquí descárganse os residuos recollidos nos colectores de envases e outros residuos. Deposítanse sobre unha praia de formigón. O persoal da instalación elimina os residuos voluminosos para evitar a súa entrada na liña de selección.

Cinta de transporte.
Unha pala introduce o material nunha cinta transportadora horizontal e realízase unha selección grosa na que se separan os residuos metálicos que non son envases, obxectos de gran tamaño, grandes embalaxes, etc.

Ao final desta selección prodúcese a apertura das bolsas usadas para a recollida. Os residuos repártense sobre a superficie da cinta, mentres que os restos das bolsas son eliminados por un sistema de aspiración e almacenados nunha tolva para a súa posterior compactación.

Cabina de selección ou triaxe.
O fluxo destes residuos lévaos a continuación á cabina principal de selección de envases. Aquí realízase unha separación combinada de residuos recuperables. O primeiro paso realízase manualmente:
Papel e cartón: É o primeiro material seleccionado.

Plásticos: Selecciónanse en función das calidades e das cores (PVC, PET, PS, PEHD, PELD).

Vidro: Clasifícanse en último lugar as botellas enteiras que puidesen ir mesturadas con estes residuos.

O seguinte paso é unha selección mecánica:
Envases metálicos férricos: Os residuos de folla de lata son separados no exterior da cabina por un separador magnético.

Envases de aluminio e mixtos: Un separador de correntes de indución selecciona os envases que conteñen aluminio. Unha posterior selección manual separa o aluminio dos envases mixtos (tetra-briks).

Prensas e almacéns:
Os distintos tipos de materiais pasan a través de tolvas metálicas ata os silos de almacenamento e de aquí ás prensas. Existen tres prensas:
Para papel, plásticos e residuos mixtos.

Para envases de aluminio.

Para envases férricos.

As balas de alta densidade que se obteñen son almacenadas ata o seu envío ás diferentes empresas de transformación.

martes 22 de mayo de 2012
  » Filosofía  
» Plan RU
» Separación en orixe
» Recollida de residuos urbanos
» Planta de Nostián
» Recuperación de Bens
» Residuos especiais
» Convenios
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Residuos e solos
© Aviso legal