Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños reciclando
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Recollida de monomaterial

A recollida do papel-cartón e do vidro dos colectores de recollida selectiva é especial polas características dos propios colectores, fundamentalmente tipo molok (iglús enterrados), nas illas verdes.

As 273 illas verdes distribúense ao longo de nove rutas de limpeza estratexicamente situadas sobre o mapa de situación. Estas rutas son revisadas diariamente polo persoal de recollida, para verificar o seu estado de enchido, clasificándoos en "cheo", "tres cuartos" ou "metade". Nos dous primeiros casos a recollida realízase no mesmo día e no último agárdase a que o colector estea máis cheo. As rutas cóbrense diariamente, agás sábados, domingos e festivos.

En épocas ou días especiais realízase un reforzo na recollida, por exemplo no Nadal ou despois de festivos e domingos. Nestas datas é cando a xente máis colabora nesta recollida de monomaterial.

A retirada dos residuos realízana dous camións especialmente deseñados para adaptarse aos colectores moloks. Habitualmente só un deles fai as rutas, mentres que o outro permanece en reserva ou de reforzo. Son camións de 20 metros cúbicos de capacidade. O feito de baleirar os colectores realízase por un sistema de grúa que retira o saco interior, este ábrese por debaixo e baléirase na caixa do camión.

Tamén nesta fase a participación cidadá é importante, dando aviso de calquera circunstancia ou de colectores saturados, no teléfono de colaboración cidadá 010.

martes 22 de mayo de 2012
  » Filosofía  
» Plan RU
» Separación en orixe
» Recollida de residuos urbanos
» Planta de Nostián
» Recuperación de Bens
» Residuos especiais
» Convenios
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Residuos e solos
© Aviso legal