Material empregado
O importante esforzo realizado na dotación de colectores para todo o Concello
veu acompañado dunha modernización do material empregado para a
retirada do lixo. Actualmente, a empresa concesionaria do servizo emprega 37
camións de recollida, organizados para cubrir o servizo.
Para facilitar a recollida, 15 destes camións son de dobre caixa, o
que lles permite baleirar, no mesmo camión, os dous colectores. A súa
capacidade total é de 20 a 23 metros cúbicos, dos que dedican
dous terzos (aproximadamente 13 a 15 metros cúbicos) aos , que ocupan un maior volume, e o resto á
. Este
tipo de camión tamén é o empregado para a recollida nos
polígonos industriais.
O resto de camións son máis pequenos, con capacidades de 8 a
12 metros cúbicos, que cobren dúas ou tres rutas.
Un dos camións está dedicado exclusivamente a realizar recollidas
especiais, do tipo de retirada de .
Ademais, están en funcionamento tres camións lavacolectores. Primeiro
realízase un lavado manual exterior do colector e a continuación
o camión, automatizado, completa a limpeza interior. Desta forma sanéase
o colector e evítase a acumulación de olores ou de restos.
Cada un destes camións realiza media ruta cada día. Os percorridos
de limpeza cóbrense nas noites de domingo a xoves. Desta forma cada colector
límpase cunha regularidade de aproximadamente 24 días. O servizo
refórzase con ocasión de acontecementos especiais ou en zonas
onde é necesario con maior frecuencia, como prazas e mercados. Unha cifra
significativa: chéganse a realizar case 200.000 lavados ao ano.
|