Puntos limpos
Son moitos os residuos especiais que non teñen cabida nos diferentes tipos
de colectores repartidos pola cidade. Residuos que polo seu volume ou toxicidade,
ou pola frecuencia da súa produción, esixen unhas instalacións
de recollida particulares. Para tal fin A Coruña contará en breve
cunha rede de Puntos limpos .
O primeiro deles inaugurouse o 7 de setembro do 2001.
O desenvolvemento
dos sistemas de recollida selectiva en orde á recuperación e valorización
dos residuos no contorno urbano puxo de manifesto a existencia de residuos aos
que cómpre darlles unha xestión diferenciada. Son estes produtos
que, xa sen valor, teñen que separarse do resto dos residuos para previr
as consecuencias negativas que poden xerar por si mesmos ou pola contaminación
secundaria dos subprodutos da reciclaxe ou da compostaxe.
Dentro deles, o Plan de Tratamento debe ocuparse dos denominados
"perigosos do fogar". Aproximadamente cada cidadán
producimos de 2 a 3 quilos destes residuos. Estes son algúns exemplos:
 |
Envases
de produtos de limpeza, de cosméticos ou hixiénicos. |
 |
Pinturas,
vernices e disolventes. |
 |
Insecticidas,
pesticidas, etc. |
 |
Medicamentos
caducados. |
 |
Tubos
fluorescentes e lámpadas especiais. |
Para atender estas necesidades deseñáronse os puntos limpos.
Nestas "áreas de reciclaxe" dispóñense
colectores específicos para cada un destes tipos de residuos.
Son parques de colectores destinados á recollida de mobles, restos de
podas, pequenas cantidades de escombros, chatarras, pneumáticos, e de
todos aqueles residuos que, xerados nos fogares, considéranse "tóxicos
e perigosos". Entre estes últimos cóntanse pilas e baterías,
fluorescentes, pequenas cantidades de restos de pintura, decapantes, botes de
produtos de limpeza, aceite mineral usado, aceite vexetal usado, e en xeral
todos aqueles que é conveniente separar dos outros residuos e que a devandita
separación presenta vantaxes de xestión.
Os , como áreas
de confluencia dos cidadáns, que acoden a eles a depositar estes residuos,
funcionarán ao mesmo tempo como centros de información acerca
da importancia da participación veciñal no plan coruñés.
Calquera cidadán pode utilizar os Puntos limpos para entregar: electrodomésticos,
mobles e outros utensilios, podas e segas, radiografías, medicinas, roupa
usada, botes de pintura, botes de spray, vidro, papel, pneumáticos, escombros...
|