Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños reciclando
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Orgánico · Inorgánico

Un Plan de Residuos como o do Concello da Coruña baséase na colaboración cidadá. O primeiro e máis importante paso realízase en cada un dos fogares. Desta forma cada un de nós convértese nun xestor a partir do que se desenvolve todo o plan.

A primeira selección realízase no caldeiro ecolóxico ("ecocubo"). Durante a primeira fase do plan, o Concello repartiu máis de 90.000 caldeiros, un por cada núcleo familiar co obxectivo de facilitar a separación.

O caldeiro ecolóxico dispón de dous compartimentos separados, cada un destínase a un tipo de residuos. Por que esta separación? Case a metade dos nosos lixos domésticos, o 44 % en peso, é materia orgánica. De aí a importancia de dispoñer dunha bolsa específica para ela.

Isto é materia orgánica: restos de alimentos como pan, froita, verduras, espiñas de peixe, ósos, cascas de ovo, etc. Tamén cueiros usados ou alimentos caducados, pero sen os envases.

O resto do lixo deberase depositar no segundo compartimento do caldeiro, o da materia inorgánica. Por exemplo: latas, tetra bricks, envases de plástico, etc.

Lembra que para o papel e para o vidro existen colectores diferentes e tamén se deben separar.

Aínda que o caldeiro ecolóxico é unha ferramenta moi útil e axúdanos neste labor, non é imprescindible e calquera bolsa, mellor se é reciclable, serve para o mesmo propósito.

Estas bolsas deposítanse posteriormente nos colectores das rúas. Os dous colectores aparecen xuntos. O verde, máis pequeno, é para a materia orgánica. Aínda que a súa proporción en peso é maior, o seu volume é menor. Está identificado coa lenda "Deposita aquí só os teus restos de alimentos". É importante que a selección sexa axeitada, xa que diso dependerá a calidade do compost final.

O colector grande, semellante ao habitual, é para os residuos inorgánicos. Distinguiralo pola tapa de cor amarela.

domingo 19 de mayo de 2013
  » Filosofía  
» Plan RU
» Separación en orixe
» Recollida de residuos urbanos
» Planta de Nostián
» Recuperación de Bens
» Residuos especiais
» Convenios
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Residuos e solos
© Aviso legal