Ayuntamiento de la Coruña
  BUSCAR REALIZAR BÚSQUEDA
Niños reciclando
Escudo Ayuntamiento
Cambiar idioma a Español Change languaje to English
 

 Plan de residuos urbanos

As cidades consomen cantidades masivas de recursos en forma de bens de consumo. Gran parte destes recursos pérdense debido ao sistema imperante de "usar e tirar". Esta forma de consumo, que ás veces se deu en chamar "benestar" ou "calidade de vida", xera unha elevada produción de residuos.

Unha cidade como A Coruña, con aproximadamente 248.000 habitantes, produciría máis de 300 toneladas diarias de residuos urbanos (segundo a media que se baralla no Plan Nacional de Residuos Urbanos de 1,2 kg por persoa e día). O tratamento que ata agora se facía destes residuos, baseado na existencia de vertedoiros, empurraba a nosa sociedade cara á insostenibilidade.

Por este motivo, dende a Área de Medio Ambiente do Concello da Coruña impúlsase un proxecto que aborda o tratamento dos residuos dende unha nova filosofía, a mesma que conduce toda a política municipal cara á sostenibilidade.

Deste xeito nace o novo Plan de Tratamento de Residuos Urbanos da Coruña, fundamentado na idea de que reutilizar e reciclar é vital se queremos conservar os nosos recursos. Con este plan, todos os coruñeses dámoslle un novo valor a todo o que nos sobra, a través dun proceso cultural no que somos parte activa, unha tecnoloxía de vangarda, e o máximo respecto á natureza e ao medio ambiente.

Dende o ecocubo ata a  Planta de Tratamento de Residuos Urbanos de Nostián , dende os puntos verdes directamente ás plantas de reciclaxe... A cidade non só cerra un vertedoiro e gaña un  novo parque , senón que contribúe á sostenibilidade do planeta coa recuperación de materias primas.

 Residuos e solos 


martes 22 de mayo de 2012
  » Filosofía  
» Plan RU
» Separación en orixe
» Recollida de residuos urbanos
» Planta de Nostián
» Recuperación de Bens
» Residuos especiais
» Convenios
» Proxectos
» Normativa
» Banco de datos
 
















 

Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
Sectores ambientais > Residuos e solos
© Aviso legal