Axenda 21
A é
un programa para desenvolver a sostenibilidade a nivel planetario, aprobado
por 173 gobernos na Conferencia das Nacións Unidas sobre Medio Ambiente
e Desenvolvemento que se levou a cabo en Río de Janeiro en 1992. Abarca
aspectos económicos, sociais e culturais, así como relativos á
protección do medio ambiente. O seu capítulo 28 anima as
comunidades locais a crear a súa propia versión, unha Axenda
21 Local.
O certo é que gran parte dos obxectivos da dependen case en exclusiva do papel das comunidades
locais. É dicir, das decisións, actitudes e comportamentos
da cidadanía e das autoridades locais. Estas últimas ocúpanse
da creación, do funcionamento e do mantemento da infraestrutura económica,
social e ecolóxica, supervisan os procesos de planificación, establecen
as políticas e regulamentacións ecolóxicas locais e contribúen
á execución das políticas ambientais nos planos nacional
e internacional. Grazas á súa proximidade á cidadanía,
desempeñan unha función importantísima na educación
e na mobilización da cidadanía a favor do desenvolvemento sostible.
|