Carta de Aalborg
A carta das cidades europeas cara á sostenibilidade, coñecida
como ,
foi asinada nesta cidade danesa por 80 autoridades locais europeas, logo da clausura
da Conferencia Europea sobre Cidades e Poboacións Sostibles realizada entre
o 24 e o 27 de maio de 1994.
supuxo o comezo da Campaña Europea de Cidades e Poboacións Sostibles.
Calquera autoridade local ou conxunto de autoridades locais pode adscribirse
á campaña aprobando e asinando a carta. Isto compromete a autoridade
local a participar no proceso da Axenda 21 Local, que ten como
fin crear e poñer en práctica un plan de acción local para
a sostenibilidade.
A Coruña aprobou e asinou a Carta de Aalborg e ratificouna
durante a Cumbre de Aalborg + 10. Rematado xa o diagnóstico municipal,
puxéronse en marcha un bo número de actuacións, das que
hai unha boa mostra nesta web, co fin de poder cumprir os compromisos de sostenibilidade
previstos no devandito documento.
|