Concello da Coruña - Páxina principal
Ocio Turismo
BUSCAR Buscar

DESDE EL 18/1/07 NO SE ACTUALIZA ESTE WEB. PARA VER NUESTRO NUEVO PORTAL VISITE www.coruna.es

Rotante Vista Nocturna de A Coruña
Concello
Negocios
Turismo
Cidade
 
Ocio
A noite
De compras

Busca nesta sección:
 BUSCAR
Cambiar idioma a Español Galego Change language to English

Unha cidade para divertirse

A Coruña, unha cidade para gozar durante 24 horas. Aquí propoñémosche o que podería ser un día deses (admítense suxestións).

07:00-09:00 h. - A LONXA
Un dos espectáculos máis impresionantes que se poden contemplar nunha visita á cidade da Coruña é presenciar a descarga do peixe e a súa posterior subhasta na lonxa. Caixas de peixe, de multitude de variedades, cambian de mans con rapidez asombrosa entre os participantes na poxa que se comunican con palabras e xestos incomprensibles para o que acaba de chegar.

Podemos sentar nunha terraza da Mariña ou da praza de María Pita e gozar das vistas.
09:00-11:00 h. - ALMORZAR
Despois de madrugar para chegar a tempo á descarga do peixe seguro que se nos esperta o apetito. É o momento para un bo almorzo. Como en todo o relacionado coa comida, en Galicia e na Coruña a oferta é moi variada, pero aproveitando que nos atopamos no porto podemos gozar dun bo chocolate con churros nunha das churrerías próximas e para coller forzas para o resto da xornada, que sen dúbida as necesitaremos, unha copiña de augardente.

11:00-13:00 h. - DE COMPRAS
Coas forzas repostas agárdannos centos de establecementos situados nas catro zonas comerciais máis importantes da cidade: Zona Obelisco, Catro Camiños, rúa Barcelona e Distrito Picasso. Xoierías, tendas de moda, librerías, tendas de artesanía, antigüidades, ... a oferta é ampla e adaptada a todos os petos e será outra boa oportunidade para gozar da hospitalidade dos coruñeses.

13:00-15:00 h. - O APERITIVO
Cos pés cansos e coas mans repletas de bolsas coas compras da mañá é un bo momento para un pequeno descanso antes da comida. Se o tempo axuda, podemos sentar nunha terraza da Mariña ou da praza de María Pita e gozar das vistas.

ACCESO A Tarde

SERVIZOS

Usuario   rexistrado
Usuario
Clave  
REXÍSTRATE

















Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
© Aviso Legal