|
|
|
 |
A Coruña.
Unha cidade en festas.
|
|
A cidade da Coruña e os seus arredores son un lugar privilexiado para coñecer e
gozar das festas e feiras tradicionais galegas.
 |
ENTROIDO
|
 |
|
 |
 |
 |
 |
A Coruña, o mesmo cá maior parte das cidades galegas, celebra o entroido dun xeito
especial. As carruaxes e comparsas mestúranse co entroido popular no que os choqueiros,
persoas disfrazadas con calquera cousa que atopan no roupeiro, andan polas animadas rúas
da Coruña. É verdadeiramente un entroido popular.
Os espectaculares desfiles de carruaxes transcorren polas amplas avenidas da cidade, aínda
que sen dúbida, o día grande do entroido coruñés é o martes, co desfile da rúa da Torre no que
miles de coruñeses van ataviados cos máis pintorescos disfraces.
|
|
 |
 |
 |
 |
|
 |
FESTAS DE MARÍA PITA
|
 |
|
 |
 |
 |
 |
Agosto, na Coruña, é sinónimo de festas; non hai un só día
no que non haxa varios acontecementos festivos nalgunha
parte da cidade.
Entre multitude de concertos e actividades culturais de diversa
índole, os coruñeses e os numerosos visitantes poden gozar do
mercado medieval (no que por uns días a Cidade Vella retorna ao
seu esplendor de antano), da batalla naval, da lembranza do asalto
inglés de 1589 e da batalla das flores e dun desfile de carruaxes que
pon fin ás festas cun grande espectáculo de fogos de artificio sobre
a enseada do Orzán.
|
|
 |
 |
 |
 |
|
 |
FOGUEIRAS DE SAN XOÁN
|
 |
|
 |
 |
 |
 |
Na noite de San Xoán, a máis curta do ano, A Coruña convértese nunha inmensa fogueira.
Todos os barrios da cidade participan nesta celebración aínda que probablemente sexa a
multitude de fogueiras nas praias de Riazor e do Orzán o máis espectacular da noite. Centos
de fogueiras iluminan o mar e miles de persoas ao seu redor festexan a chegada do verán.
|
|
 |
 |
 |
 |
|
|
 |
BUSCA DE FESTAS E CELEBRACIÓNS
|
 |
BUSCAR
 |
|
|
|
|
|