Unha cidade no mar
Nas Rías Altas galegas, o océano Atlántico rodea a cidade da Coruña,
punto de partida e chegada de pobos e culturas, que durante máis de 2.000 anos
deixaron lendas, mitos e historia en cada recuncho desta cidade mariñeira.
|
O paseo marítimo, un dos máis longos de Europa, actualmente ten 9 quilómetros de longo, 13 cando estea totalmente concluído, dispón dun carril bici que permite a práctica do ciclismo de forma cómoda e segura.
A oferta deportiva da cidade complétase con numerosas instalacións e institucións públicas e privadas que ofrecen a posibilidade de gozar de deportes como o golf, o tenis, a equitación, os deportes aéreos, etc.












