¿Necesita un cuarto?
Sexa cal sexa o motivo da súa visita á nosa cidade: turismo, negocios,
etc., na Coruña sentirase como na casa. Confort e comodidade están presentes
en hoteis e hostais a pé de praia, próximos ao porto,
nas zonas máis céntricas ou nos arredores.
|
Os hoteis da nosa cidade distínguense por ser establecementos
modernos e dotados de todas as instalacións necesarias para
satisfacer as necesidades dos seus clientes.
Unha ampla oferta de máis de 2.500 prazas das categorías máis altas, e cunha
porcentaxe superior ao 20% de prazas en hoteis de nova creación ou acabados
de remodelar, e que se está incrementando na actualidade coa construción
de novos hoteis.
E para os que buscan tranquilidade e independencia, nos numerosos cámpings
da zona atoparán a mellor opción para gozar dunhas vacacións
en contacto coa natureza.
Calquera que sexa a súa elección estamos convencidos de que a súa
visita á Coruña será moi satisfactoria.
Se o desexa pode atopar máis información sobre aloxamentos da cidade e da provincia
na páxina web da Asociación de Hospedaxe
- HOSPECO.
Se o desexa pode atopar información sobre
axencias de viaxes no directorio
de empresas.












