Concello da Coruña - Páxina principal
Gastronomía Turismo
BUSCAR Buscar

DESDE EL 18/1/07 NO SE ACTUALIZA ESTE WEB. PARA VER NUESTRO NUEVO PORTAL VISITE www.coruna.es

Rotante Entrada Casa de los Peces
Concello
Negocios
Turismo
Cidade
 
Cervexerías
Mesóns
Restaurantes
Viños
Xeaderías

Busca nesta sección:
 BUSCAR

Cambiar idioma a Español Galego Change language to English

Mil sabores, mil praceres.

A cidade da Coruña ten unha ampla tradición culinaria. Esta tradición pódese comprobar nos centos de restaurantes, tascas e tabernas nos que degustar os mellores manxares da nosa terra. Peixes e mariscos de gran calidade acabados de sacar do mar: rabada, linguado, percebes, nécoras e cigalas. Tenreira galega preparada de mil formas e o porco, presente en moitas festas gastronómicas.

Peixes e mariscos de gran calidade acabados de sacar do mar: rabada, linguado, percebes, nécoras, ...
E estas materias primas pódense atopar na nosa cidade preparadas dunha gran variedade de xeitos e cos estilos máis diversos, dende a cociña tradicional do polbo "á feira", o cocido e as filloas á cociña máis innovadora e creativa que estimula todos os nosos sentidos. Sen esquecer a cociña puramente coruñesa.

Os produtos da máis alta calidade e preparados co meirande esmero e profesionalidade pódense acompañar dos exquisitos viños das denominacións de orixe galegas: Monterrey, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro ou Valdeorras.

Elixa a forma que desexe para comer e beber na Coruña e seguro que acerta e repite.

Nesta sección ofrecémoslle unha selección de restaurantes, mesóns, vinotecas, cervexerías e xeaderías nos que gozar do bo facer dos nosos profesionais.

Atopará unha lista máis ampla no directorio de empresas no apartado hostalería.

SERVIZOS

Usuario   rexistrado
Usuario
Clave  
REXÍSTRATE

















Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Enviar
 
© Aviso Legal