
|
|
Ocio e cultura
| Mércores 10/1/2007
|
O ciclo Iberojazz trae á cidade as actuacións de dez grupos con concertos e jazz sessions
|
O concelleiro de Cultura, Carlos González-Garcés, acompañado de Alberto Conde, presidente da Asociación Galega de Música de Jazz; e o músico Kin García, presentaron no Concello o Ciclo Iberojazz. O ciclo traerá á cidade dez agrupacións que actuarán no Teatro Rosalía de Castro, o Fórum Metropolitano, Club Jazzvides, Club Filloa e pub Garufa.
|
 |
 |
|
|
 |
|
A Coruña de Sir John Moore
|
|
Dende que o 11 de xaneiro de 1809 o xeneral británico Sir John Moore avistou a cidade, A Coruña escribiría un dos capítulos máis importantes da súa historia ao adquirir protagonismo na campaña napoleónica en España.
|
|
 |
|
Castelo de San Antón
|
|
Na entrada da baía, sobre o mesmo illote que hai 500 anos servía como lazareto de mariñeiros, érguese o Castelo de San Antón. O recinto, convertido en fortaleza en 1779, xogou un papel imprescindible na defensa do porto que, por aqueles tempos, resultaba estratéxico no comercio das Indias.
|
|
 |
|
Ruta Xacobea - Camiño Inglés
|
|
A Coruña e Ferrol acolleron tradicionalmente os peregrinos que chegaban por mar de países afastados como Gran Bretaña, o Báltico, Escandinavia ou do norte de Francia. Desembarcaban nas nosas costas e continuaban ruta a pé ata Santiago. Hoxe é posible seguir os seus pasos polo denominado Camiño Inglés.
|
|
 |
|
Cidade Vella
|
|
Os primeiros coruñeses naceron e viviron onde hoxe se levanta a Cidade Vella. As súas rúas foron testemuñas mudas da historia dunha cidade que se mobilizou en contra dos ingleses. Foron os mesmos que lle pediron á patroa protección en contra dos asedios. As pedras gardan ademais un rico patrimonio cultural e unha boa presada de recunchos con encanto nos que perderse.
|
|
 |
|
Nadal 2006
|
A cidade xa está preparada e engalanada para celebrar as festas de Nadal e, con tal motivo, o Concello preparou un amplo programa de actividades.
|
|
|
 |
|
 |