Concello da Coruña - Páxina principal
Ocio index
BUSCAR Buscar

DESDE EL 18/1/07 NO SE ACTUALIZA ESTE WEB. PARA VER NUESTRO NUEVO PORTAL VISITE www.coruna.es

Rotante Casa de los Peces
Concello
Negocios
Turismo
Cidade
Cambiar idioma a Español Galego Change language to English
OCIO
O ocio é unha parte moi importante da vida da Coruña, e ocio con maiúsculas. Á cultura: teatro, música, cine, etc. únense marabillosas praias, un contorno natural mimado que merece ser contemplado e un tecido comercial de antiga tradición no que seguro atopará todo aquilo que poida necesitar.
 
   CINES
Ampliar
Ampliar
As novas tecnoloxías supuxeron un grande avance para o mundo do cine e A Coruña non quedou atrás. As súas salas de cine tradicionais sufriron importantes melloras para se adaptar aos novos tempos.


Máis de 25 salas ofrecen as últimas estreas cinematográficas xunto coas mellores películas de todos os tempos e esta ampla oferta incrementarase significativamente coa apertura de novas salas no Palacio de Congresos que se inaugurará proximamente na zona do porto.

» Visite a carteleira
 
   PRAIAS
Ampliar
Ampliar
A situación da Coruña, rodeada de mar, fai que os cidadáns e os visitantes poidan gozar dunha marabillosa praia de máis de dous quilómetros en pleno centro da cidade.

Ademais das praias da enseada do Orzán, a costa coruñesa está salpicada de praias e calas para todos os gustos e con todos os servizos. A calidade das súas augas e dos areais vese avalada polas bandeiras azuis que ondean nelas.

» Información das praias
 
   PARQUES E XARDÍNS
Ampliar
Ampliar
A Coruña ofrece infinidade de camiños, sendeiros e contornos naturais. Espazos para todos os gustos nos que gozar ao máximo da natureza.


Parques e xardíns tinxen de verde a cidade. Árbores e especies centenarias vidas de países de lonxe atoparon aquí o seu mellor hábitat, e hoxe podemos admirar o seu exotismo e a súa rareza en lugares como os xardíns de Méndez Núñez. Dúas das últimas incorporacións, o monte de San Pedro e o parque de Bens, son unha mostra clara de que na Coruña se mima o contorno para que cidadáns e visitantes poidan gozar del.

 
   DE COMPRAS
Ampliar
Ampliar
Obxectos de desexo, firmas de prestixio, as últimas tendencias en moda, xoiería, artesanía, anticuarios, un artigo de luxo ou un simple recordo. Todo o novo para estar á última.

Unha cidade tradicionalmente comercial pon á súa disposición a súa experiencia e o seu saber facer para que merque todo o que desexa. Nas catro principais zonas comerciais, Catro Camiños, Zona Obelisco, Rúa Barcelona e Distrito Picasso, e en toda a cidade atopará gran variedade de establecementos ao seu servizo.

SERVIZOS

Usuario   rexistrado
Usuario
Clave  
REXÍSTRATE























Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Imprimir
Enviar
 
© Aviso Legal