|
|
| Solicitudes inscrición previa |
| Convocatoria de subvencións |
| Solicitude de uso de instalacións |
| Instalacións deportivas municipais |
| Modelos para a formalización de convenios |
|
 |
Servizo Municipal de Deportes
|
Inicio Escolas Deportivas Municipais
O luns 30 de outubro comeza o curso 2006/2007 nas Escolas Deportivas Municipais.
O Servizo Municipal de Deportes ten como misión promover e facilitar o acceso á práctica deportiva de todos os cidadáns.
Para levala a cabo, desenvolve as seguintes funcións:
1. Promover a creación de instalacións deportivas.
2. Xestionar convenientemente as instalacións existentes.
3. Organizar e desenvolver eventos e espectáculos deportivos.
4. Xestionar a oferta deportiva municipal: cesión de instalacións, abonados e actividades.
XESTIÓN DA OFERTA
1. Cesión de instalacións
Coa posta a disposición das instalacións para a práctica deportiva en canto se refire a competicións federadas, non federadas,
adestramentos de clubs e asociacións, e materia de Educación Física naqueles centros educativos que non dispoñen dos medios
propios para iso (estes sempre dentro do horario escolar).
2. Alugamentos ocasionais
As instalacións e os horarios non cubertos pola cesión de instalacións, quedan
á disposición da cidadanía, das entidades e das empresas, para o seu uso
non periódico (ocasional), tanto en actividades deportivas coma doutro tipo (musicais,
culturais, políticas, etc.)
3. Abonos
Un abonado é un usuario con libre acceso a unha instalación, dentro das restricións,
e coas prestacións inherentes ao tipo de abono de cada instalación.
4. Actividades físicas e deportivas. Escolas Deportivas Municipais
As Escolas Deportivas Municipais conxugan aspectos tales como son a iniciación e o perfeccionamento deportivo, así como os aspectos
de relacións, de integración social e de saúde a través do exercicio físico; pero todo iso cun marcado talante educativo deportivo
tratando de compaxinar dúas tendencias do deporte como oferta. Por un lado atopámonos co Deporte para todos,
manifestación na que ten cabida calquera persoa independentemente da súa condición biolóxica ou da aptitude técnica, e, por outro,
co Deporte de rendemento.
Os destinatarios das Escolas Deportivas Municipais abranguen as idades comprendidas a partir dos 5 anos, onde
non só entra o aspecto didáctico, senón tamén o elemento educativo de aproveitamento do ocio e da busca do desenvolvemento
integral da persoa e da educación na saúde.
O Sistema Deportivo Local está en continua expansión e movemento,
froito diso, dá lugar a progresivas transformacións, polo que é lóxico e natural
que se produzan novos axustes na estruturación da oferta para atender toda a demanda
deportiva posible.
As Escolas Deportivas Municipais son un soporte fundamental na
estrutura deportiva local, posto que é o inicio do entramado deportivo, a implicación
dinamizadora e o motivo básico na formalización de convenios de colaboración co
conxunto de entidades, tanto públicas como privadas.
5. Subvencións e convenios.
Procedemento polo que se regula a concesión de subvencións para a realización de actividades deportivas, promovidas polo tecido
asociativo local e/ou entidades supralocais para a elaboración do programa de espectáculos deportivos municipal.
|
|
|
|
|
|
|
|
|