|
|
|
|
|
A Coruña ten unha tradición centenaria en asociacións e institucións relacionadas con distintas manifestacións artísticas entre as que destacan a música e as artes plásticas. É difícil mencionar todos os nomes propios, pois existen moitos contemporáneos de gran renome. Catro exemplos indiscutibles do pasado artístico coruñés son Marcial del Adalid e Andrés Gaos -que levaron coa súa música o nome da Coruña e de Galicia polo mundo-, Luis Seoane -creador dun estilo galego de pintura- e Urbano Lugrís -que pintou motivos mitolóxicos ou reais galegos nas escolas máis vangardistas do século XX-.
|
|
|
|
TEATRO E ESPECTÁCULOS
|
Entre os equipamentos culturais da cidade merecen especial mención a sede da OSG, o Palacio de Congresos, rebautizado Palacio da Ópera, o teatro Rosalía de Castro e o Coliseum, unha instalación moi versátil, esta última, que se pode converter incluso en praza de touros. O programa de eventos culturais está organizado polo Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), que logrou a asistencia de máis de 300.000 persoas anuais ás súas actividades. Así mesmo, este organismo do Concello encárgase de programar as actividades culturais dos barrios a través do uso dos centros sociais.
|
|
|
|
MUSEOS, SALAS DE EXPOSICIÓNS E FUNDACIÓNS
|
A Coruña conta cun interesante conxunto de museos: Belas Artes, Arqueolóxico, Casa do Home, Casa das Ciencias, Arte Contemporánea e Casa dos Peixes (Aquarium Finisterrae), que acollen exposicións temporais e temáticas. O máis visitado é a mencionada Domus, que dende a súa inauguración en 1995, superou o millón de visitas. A cidade conta tamén con 24 salas de exposicións, cantidade que está moi por encima da súa potencia de poboación; as maiores son as correspondentes á Fundación Barrié de la Maza, a Fundación Luis Seoane, que acaba de inaugurar as súas novas instalacións, e as municipais, o Kiosco Alfonso e a do Palacio Municipal, que poden acoller, e de feito acolleron, exposicións de obxectos artísticos de calquera formato. » Museos » Salas de exposicións » Fundacións
|
|
|
|
ARQUIVOS E BIBLIOTECAS
|
Son numerosas as bibliotecas existentes na cidade da Coruña. Dende as bibliotecas universitarias ás bibliotecas especializadas abertas nos diferentes arquivos da cidade: Arquivo Xeral de Galicia, Arquivo da Deputación e Arquivo Histórico Municipal. Tamén hai bibliotecas en academias, fundacións e asociacións sen ánimo de lucro, colexios profesionais, museos. Por suposto, tamén están as bibliotecas destinadas ao público en xeral, como son a Biblioteca Pública do Estado Miguel González Garcés e a Biblioteca da Deputación da Coruña. Por outra parte, a lectura e o acceso aos libros foron unha preocupación constante do consistorio coruñés, plasmada na posta en marcha de seis bibliotecas públicas municipais: dúas especializadas, Biblioteca de Estudos Locais e Biblioteca Infantil e Xuvenil e catro bibliotecas situadas en diferentes barrios da cidade: Monte Alto, Sagrada Familia, Fórum Metropolitano e Castrillón. » Arquivos » Bibliotecas
|
|
|
|
MONUMENTOS
|
Dous mil anos de historia contados un a un pola Torre de Hércules. Faro incansable e lendario que acendeu a súa luz para descubrir a gran cidade que moitos imaxinaran.
Un balcón do atlántico dende o que imaxinar e soñar. Onde viaxar ao pasado por uns momentos da man dos monumentos que lembran episodios da historia da cidade, innumerables estatuas e bustos de grandes homes e mulleres, murallas e castelos. » Monumentos
|
|
|
|
CINES
|
As novas tecnoloxías supuxeron un grande avance para o mundo do cine e A Coruña non quedou atrás. As súas salas de cine tradicionais sufriron importantes melloras para se adaptar aos novos tempos.
Máis de 25 salas ofrecen as últimas estreas cinematográficas xunto coas mellores películas de todos os tempos e esta ampla oferta incrementarase significativamente coa apertura de novas salas no Palacio de Congresos que se inaugurará proximamente na zona do porto. » Visite a carteleira
|
|
|
|
MEMORIAS DE CULTURA
|
|
|
|
|
|
|