Concello da Coruña - Páxina principal
Servizos de bibliotecas index
BUSCAR Buscar

DESDE EL 18/1/07 NO SE ACTUALIZA ESTE WEB. PARA VER NUESTRO NUEVO PORTAL VISITE www.coruna.es

Rotante Vista Aérea de A Coruña
Concello
Negocios
Turismo
Cidade
 
Cultura
Cines
Museos
Monumentos
Bibliotecas
Bibliotecas
Servicios
Guía de recursos web
Arquivos
Teatros
Salas de Exposicións
Fundacións
Coliseum
 
Memorias de cultura
Ano 2000
Ano 2001
Ano 2002
Ano 2003
Cambiar idioma a Español Galego Change language to English
Servicios

  CONSULTA EN SALA  Ver máis 
Ampliar
Ampliar

As bibliotecas municipais poñen á túa disposición unha ampla colección de documentos: libros, materiais audiovisuais, revistas, diarios oficiais, xornais, etc., que poderás consultar libremente nas nosas salas.
Certas bibliotecas dispoñen tamén de equipos de reprodución de vídeo, DVD, CD-Rom e audio co fin de poder visionar e consultar nas nosas salas os contidos dos materiais audiovisuais e multimedia.

Así mesmo as bibliotecas municipais dispoñen dun servizo xurídico en liña, actualizado diariamente, mediante o que se pode consultar unha ampla base de datos de lexislación, xurisprudencia e bibliografía.

 
  PRÉSTAMO  Ver máis 
Ampliar
Ampliar

Para levar en préstamo libros, revistas, compactos de música, CD-ROM ou DVD e poder ter acceso a Internet, é necesaria a inscrición previa como socio/a nas bibliotecas municipais da Coruña.

Podes levar en préstamo ata cinco documentos, dos que non máis de tres poderán ser audiovisuais ou publicacións periódicas, durante quince días.


 
  CAIXA DE DEVOLUCIÓNS  Ver máis 
Ampliar
Ampliar

A caixa de correo permite a devolución do material prestado na biblioteca correspondente fóra do horario de apertura do centro. Para un correcto funcionamento deste servizo debes:

  • Deposita coidadosamente cada tipo de material no compartimento que lle asignamos; así evitaremos que se estraguen.
  • Utiliza a devolución presencial sempre que che sexa posible; así comprobarás que esta se efectuou sen problemas e poderemos recordarche que aínda che queda sen devolver algún documento próximo a vencer o seu prazo de entrega, etc...
  • Debes realizar as devolucións dentro do prazo, xa que o atraso implica unha suspensión temporal do préstamo.
  • De luns a venres as devolucións que se fagan a partir das 21:00 h e sábados a partir das 14:00 h faranse efectivas ao seguinte día laboral.
  • Soamente se recollerá o material que se prestase en cada biblioteca.

 
  A BIBLIOTECA NA CASA: PRÉSTAMO A DOMICILIO  Ver máis 
Ampliar
Ampliar
Biblioteca Municipal Castrillón Teléfono: 981 287 602 Web oficial:  http://www.aytolacoruna.es E-mail: Bcastrillon@aytolacoruna.es
 Rúa Antonio Ríos, Número 74
 981 184 390  981 184 391
E-mail:  bsolleiro@aytolacoruna.es
O préstamo a domicilio é un novo servizo das bibliotecas municipais destinado ás persoas que teñen reducida a súa mobilidade de forma temporal ou permanente: enfermos, convalecentes, etc. Para acceder a este servizo ponte en contacto coa Biblioteca Municipal do Castrillón por teléfono, fax ou correo electrónico.

 
  PRÉSTAMO INTERBIBLIOTECARIO  Ver máis 
Ampliar
Ampliar
Enderezo: Rúa Durán Loriga, Número 10, Piso 1, 15003 A Coruña
O préstamo interbibliotecario é un servizo que se encarga da obtención de documentos que non se encontran nas bibliotecas da Coruña, solicitándoos a outros centros españois ou estranxeiros. A través deste servizo a biblioteca xestiona para os seus usuarios o préstamo temporal e/ou a reprodución de documentos.
Quen pode utilizar o préstamo interbibliotecario?: calquera persoa co carné de usuario das bibliotecas municipais da Coruña.

 
  ACCESO A INTERNET E SERVIZOS OFIMÁTICOS  Ver máis 
Ampliar
Ampliar

As bibliotecas municipais da Coruña poñen á túa disposición servizos de acceso a Internet e postos de ofimática para que goces das Tecnoloxías da Sociedade da Información. O obxectivo deste servizo é a promoción da formación, da cultura, do lecer e da información dos cidadáns.

 
  SERVICIO DE CONEXIÓN INALÁMBRICA (WIRELESS)  Ver máis 
Ampliar
Ampliar

El Servicio Wireless Municipal pone a su disposición zonas de acceso inalámbrico (Wireless) en las que cualquier ciudadano que se acerque con un portátil puede acceder a Internet de forma cómoda y gratuita. Las bibliotecas municipales con este servicio ponen a disposición de los usuarios varias tarjetas cuya disponibilidad está regulada del mismo modo que el acceso a los ordenadores. También podrá encontrar guías que le facilitarán la configuración específica de su ordenador.

 
  FORMACIÓN EN NOVAS TECNOLOXÍAS  Ver máis 
Ampliar
Ampliar

As bibliotecas municipais, dentro do Programa de Alfabetización Dixital e dun xeito completamente gratuíto, oferta cursos de iniciación a Internet e ofimática destinados a persoas sen ningún coñecemento previo de informática. Tamén organizan cursos específicos dirixidos a aquelas entidades, formalmente constituídos ou non, que realicen labores sociais ou de integración.

 
  CLUB DE LECTURA  Ver máis 
Ampliar
Ampliar

O Club de Lectura é un grupo de lectores que seleccionan, len libros e reúnense na biblioteca unha vez á semana para comentalos coa axuda dun moderador. Non fai falta ser un experto lector: o Club de Lectura está pensado para persoas con inquietudes culturais, gana de ler e de facer amigos e intercambiar opinións con outras persoas. Se estás interesado/a en participar, pódeste apuntar nas bibliotecas municipais que desenvolven este servizo.


 
  MOSTRAS BIBLIOGRÁFICAS  Ver máis 
Ampliar
Ampliar

As mostras bibliográficas son exposicións de libros, vídeos, CD-ROM, etc. que se realizan nas bibliotecas municipais sobre un tema de interese ou actualidade. Habitualmente publícase unha guía de lectura que serve de apoio e difusión á mostra. Así cada biblioteca facilítalles aos seus usuarios toda a información que posúe sobre un tema e contribúe a ampliar o interese sobre el e a ofrecer diferentes puntos de vista.
 

15 resultados : [«] [1] [2] [»]

SERVIZOS
Usuario   rexistrado
Usuario
Clave  
REXÍSTRATE















Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Imprimir
Enviar
 
© Aviso Legal