Concello da Coruña - Páxina principal
Presentación e situación index
BUSCAR Buscar

DESDE EL 18/1/07 NO SE ACTUALIZA ESTE WEB. PARA VER NUESTRO NUEVO PORTAL VISITE www.coruna.es

Rotante Vista Nocturna de A Coruña con fuegos artificiales
Concello
Negocios
Turismo
Cidade
 
Presentación e situación
Situación
Imaxes da cidade
Mapa das rúas
HISTORIA
A cidade antiga
A cidade medieval
Os Austria
A ilustración
A cidade liberal
A cidade republicana
A transición
Cidadáns ilustres
Cambiar idioma a Español Galego Change language to English
A Coruña
Unha cidade para visitar

O municipio da Coruña está situado no extremo noroeste de España e forma parte da Comunidade Autónoma de Galicia. É unha cidade atlántica cun clima suave.

O municipio ocupa unha superficie de 36,8 km2 e acada os 243.785 habitantes, cunha densidade de 6.624 habitantes por km2. A necesidade de lugares de recreo urbano e a escaseza de solo fan que este sexa máis rendible como soar edificable, determinando que as superficies dedicadas ás actividades agrícola e industrial se centren actualmente en municipios limítrofes da Coruña. Con todo, o seu carácter de municipio costeiro outórgalle á pesca unha grande importancia na cidade (máis que polos seus postos de traballos directos, polos indirectos que esta actividade xera noutros sectores). Todo isto fai que o sector servizos sexa o predominante na cidade, constituíndose esta no centro económico e cultural da área ou comarca circundante e que funcionalmente xoga o papel dunha metrópole rexional, cunha influencia que se manifesta non só na comarca, senón tamén en toda a comunidade.

Nas últimas décadas producíronse diversos cambios na súa estrutura: comparte diversas funcións administrativas e reduciu outras militares, reforzou a súa estrutura empresarial e de negocios e destacou en diversos subsectores coma as finanzas, a comunicación, a distribución e rede comercial, a industria manufactureira, a sede rexional do terciario profesional e dos servizos avanzados e hai que engadirlle a isto a importancia da actividade portuaria (principal porto de Europa en canto á pesca fresca desembarcada) e o auxe na actividade do porto comercial (petróleo e sólidos a granel que son o 75% do tráfico portuario galego).

Nos últimos anos relanzouse a cidade coa mellora de accesos, o aumento da súa infraestrutura cultural, deportiva, de lecer e científica, a mellora e rehabilitación do conxunto urbanístico, a recuperación do bordo marítimo e a potenciación do sector turístico. Todo isto reafirma o carácter de cidade administrativa, comercial, portuaria, cultural e turística que xa tradicionalmente tiña.
SERVIZOS

Usuario   rexistrado
Usuario
Clave  
REXÍSTRATE
























Páxina principal
Axuda (FAQ)
Correo
Mapa da web
 
Axenda
A súa opinión conta
Rueiro
Galería de imaxes
 
Imprimir
Enviar
 
© Aviso Legal