O pleno declara de interese municipal a construción e posterior xestión dun aparcadoiro subterráneo na ronda de Outeiro, fronte ao grupo de vivendas de Pescadores-Mariñeiros. Tamén se dispón como fórmula de xestión a concesión administrativa e encoméndase á área de Infraestruturas a redacción dos pregos de condicións.
|