Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

10 de novembro de 2014

VIII edición do Programa Inicia. Curso académico 2014-2015

O Servizo de Promoción Económica do Concello da Coruña, dependente da Concellería de Emprego e Empresa, desenvolve en colaboración co Igape e a Consellería de Educación, o Programa Inicia.

O Programa Inicia que ten como obxectivo fundamental incentivar o espírito emprendedor entre o alumnado de formación profesional e ensinos especiais.

A presentación terá lugar co acto oficial o día 11 de novembro no Centro Agora ás once da mañá e onde estarán presentes todas as partes implicadas, centros formativos, e administracións así como entidades que teñan interese en coñecer o desenvolvemento do programa.

Durante o actual curso escolar 2014-2015 lévase a cabo unha nova edición do Programa Inicia cuxa acollida pode cualificarse de excelente por parte dos centros educativos.

O programa está baseado nunha metodoloxía de formación, apoio e de titorización de proxectos empresariais, onde se desenvolven as capacidades emprendedoras do alumnado e serve de instrumento de promoción de boas ideas empresariais.

A través da participación deste programa, o alumnado poderá acceder aos VIII Premios Formación para Emprender. Para iso, deben contar cunha idea empresarial, desenvolver o seu proxecto de empresa e presentalo ao concurso segundo as bases establecidas. Entre os criterios de avaliación, terase en conta a idea orixinal e natureza innovadora do proxecto, a madurez e a posibilidade da súa aplicación.

Programa Inicia Curso escolar 2014-2015:

  • Núm. de centros participantes: 7
  • Núm. de especialidades: 18
  • Núm. de cursos participantes:19
  • Núm. de alumnado: 376

A V Feira de Ideas Empresariais realizarase o mes de marzo, onde o alumnado participante no Programa Inicia terá a oportunidade de presentar os seus Proxectos Empresariais ante entidades financeiras, asociacións empresariais e público en xeral.

CENTRO EDUCATIVO ESPECIALIDADE Numero de alumnos participantes


PR. LÓPEZ E VICUÑA Educación infantil 25

Administración e finanzas 16

EASD PABLO PICASSO Xestión comercial e márketing 20

Fotografía artística20

Ilustración 25

Artes aplicadas á escultura 15

Realización de plans de obra 20

FP SOMESO Proxectos de edificación-edificación 14

Proxectos de edificación-obra civil 11

Estilismo e dirección de peiteado 15

Produción de madeira e moble 10

Automoción 19

IES SARDIÑEIRA Química Industrial 27

CIFP ANXEL CASAL Animación sociocultural 27

TOMÁS BARROS Integración social (charlas difusión) 25

Educación infantil 50

Atención a persoas con dependencia 25

IES CALVO SOTELO Instalación e amoblamento 12

TOTAIS 376

 

Para máis información :www. iniciacoruna.com

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión