Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

8 de xuño de 2015

V Encontro de Presentación de Proxectos

O Centro Municipal de Empresas A Grela, organiza e convídache ao V Encontro de Presentación de Proxectos.

O vindeiro venres 12 de xuño estades convidados ao noso V Encontro de Presentación de Proxectos, que terá lugar no Centro Municipal de Empresas [no Polígono da Grela].

A xornada desenvolverase ao longo da tarde e nela poderemos coñecer o estado dos proxectos postos en marcha por algúns dos participantes nos nosos Itinerarios Formativos para emprendedoras e emprendedores, así como algunhas das experiencias dos viveiristas cos que, actualmente, compartimos espazos.

Se queres coñecer as iniciativas de emprendemento que se poñen en marcha na túa contorna, non deixes de acompañarnos. Estaremos encantados de contar coa vosa presenza, que é necesario confirmar a través do correo electrónico concejalia.empresa@coruna.es.

Así foron os nosos itinerarios formativos [vídeo].

Documentos:

Programa V Encontro Presentación de Proxectos (268 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión