Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

26 de maio de 2015

Quero crear a miña propia web, por onde empezo?

Non sabes por onde comezar? Nas sesións que che propoñemos, ademais de coñecer a outras emprendedoras e emprendedores na túa mesma situación, poderás preguntar todas as túas dúbidas e inquietudes relacionadas co teu ánimo de emprender.

Comezamos o vindeiro luns día 1, o ciclo "Claves para emprender, ti preguntas".

Durante tres sesións, poderás coñecer os aspectos básicos que calquera emprendedor necesita para optimizar a súa presenza online a través da súa propia web, blog, tenda online, redes sociais...

Os encontros formúlanse como un diálogo onde terás a oportunidade de consultar as dúbidas sobre os temas tratados.

Datas:

1 de xuño. Todo empeza pola nosa web.

Que tecnoloxía necesitamos para emprender?, que é un dominio? Podemos facer nós a nosa páxina web?, Canto nos custa?

8 de xuño. Quero vender online, que necesito?

Que opcións temos para poñer en marcha unha solución de comercio electrónico?, que é o embude de conversión?,  cales son os problemas do carriño da compra?, cales son os custos visibles e os non visibles?

15 de xuño: Redes sociais, de que falamos?

Para que?, quen se encarga?, con que ferramentas?, cando?, que é un Community Manager?

Horario: 10 a 12 horas.

Lugar: Centro Municipal de Empresas A Grela. Rúa Galileo Galilei, 62. 15008, A Coruña.

Inscricións gratuítas: as prazas son limitadas, por iso é necesario inscribirse a través do correo electrónico concejalia.empresas@coruna.es ou do teléfono 981.189.855.

Documentos:

Quero crear a miña propia web (472 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión