Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2014

Publícanse as bases do Programa Semente 2014-2015

Programa educativo que pretende fomentar o espírito emprendedor adquirindo hábitos e condutas de forma autónoma, desenvolvendo as capacidades emprendedoras a través da creación dunha cooperativa escolar na aula.

A Área de Promoción Económica do Servizo Municipal de Emprego detectou a necesidade de implantar un programa global que favoreza o desenvolvemento do espírito emprendedor entre os nenos (capacidade creativa, de asunción de riscos, de liderado, de motivación, de comunicación, de negociación, de toma de decisións, de planificación etc.)

Este programa reproduce situacións reais no proceso de constitución da empresa, máis concretamente unha cooperativa.

O obxectivo xeral é promover a adquisición de competencia emprendedora, a través dun instrumento central: a creación e a xestión dunha cooperativa escolar de fabricación de produtos, que posteriormente venderán nun mercado.

Para iso, o programa reproducirá situacións reais no proceso de constitución dunha empresa e as actividades posteriores desta.

Os beneficiarios de SEMENTE é alumnado dos centros educativos colaboradores, que cursen estudos entre terceiro e sexto de Primaria, e ciclos educativos correspondentes dos centros de educación especial con sede na nosa cidade, que manifesten o seu interese a través da solicitude para participar no proxecto.

Os centros educativos que desexen participar deberán realizar a preinscrición a través da páxina www.edu.coruna.es

Os pasos que hai que seguir para poder solicitar o programa son os seguintes:

  • Entrar en www.edu.coruna.es
  • Entrar en link libro dixital 2014-2015
  • Entrar en programas educativos doutros servizos municipais
  • Programa Semente
  • Cubrir a inscrición

Para máis información sobre o programa consultar as bases do programa que se achegan.

Documentos:

Bases-Semente-2014-2015.pdf (1 MB)

Programas relacionados

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión