Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de maio de 2016

O Obelisco acollerá na mañá deste sábado 28 a celebración do mercado de cooperativas infantís do Proxecto Semente

As casetas, que abrirán ao público de 11 a 14 horas, mostrarán os traballos do alumnado que participou no programa ‘Unha empresa na miña escola’, impulsado pola Concellería de Emprego e Economía Social

A Concellería de Emprego e Economía Social vén de anunciar que mañá pola mañá, de 11 a 14 horas, terá lugar no Obelisco unha nova edición do mercado de cooperativas infantís do Proxecto Semente. Esta iniciativa, impulsada pola área que dirixe o edil Alberto Lema, desenvólvese en nove centros escolares do municipio a través do programa Unha empresa na miña escola co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor e as habilidades sociais nos rapaces e rapazas mediante a creación e xestión de cooperativas escolares. A través dunha metodoloxía lúdica e creativa, o alumnado coñece as características deste modelo empresarial propio da Economía Social e que é impulsado desde a Concellería a través do Plan de Emprego Municipal.

O pasado 13 de abril, 78 das alumnas e alumnos participantes recolleron no Pazo de María Pita as licenzas para exercer a venda ambulante dos produtos elaborados para o mercadiño. Deste xeito, os proxectos cooperativistas nesta edición do programa, que xiran en torno ao mundo da artesanía nos oficios de bordado, cerámica, telar ou gravado, poderán expoñer os seus traballos -realizados coa axuda do profesorado e de artesás profesionais- na mañá deste sábado nas casetas do mercado.

Todas e todos os participantes no proxecto, 280 nenas e nenos de entre 6 e 12 anos, recibirán un xogo de mesa educativo como agasallo de participación, e distincións ás dúas mellores cooperativas escollidas polo propio alumnado. Ademais, o proxecto máis implicado no programa recibirá un cheque de 300€ para mercar material escolar no comercio coruñés, que será recollido polo profesorado do centro gañador.

 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión