Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de abril de 2015

O Concello saca a concurso a contratación do deseño, a organización e a difusión dun concurso de escaparatismo para dinamizar o comercio coruñés

O certame, cun orzamento de 30.000 euros, ten como obxectivo potenciar e promover a imaxe das tendas participantes

O Concello da Coruña, a través da Área de Emprego e Empresa que dirixe Luisa Cid, informa de que sacou a concurso a contratación do servizo de deseño, organización, produción e difusión dun concurso de escaparatismo por un orzamento de 30.000 euros, dos que 10.000 destinaranse a premios.

O certame deberase realizar na temporada primavera-verán, está dirixido ao comercio coruñés e o seu principal obxectivo é potenciar e mellorar a imaxe das tendas participantes. O servizo deberá incluír, entre outros aspectos, os seguintes: deseño do contido do concurso e a disposición de todos os medios para o seu desenvolvemento, visitas concertadas aos establecementos para formación sobre escaparatismo, ademais de asumir os labores de coordinación co Concello e as asociacións de comerciantes. A empresa adxudicataria tamén correrá a cargo do importe dos premios.

O concurso de escaparatismo primavera-verán inclúe a selección de cinco finalistas e cada un deles recibirá un premio de 1.000 euros, ademais de 500 euros para as asociacións ás que pertenzan os devanditos establecementos.

O gañador do certame elixirase, como en edicións anteriores, por votación popular entre os cinco comercios que cheguen á recta final do concurso. O vencedor recibirá 2.000 euros e outros 500 euros a asociación comercial á que pertenza.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión