Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

1 de outubro de 2015

O Concello mantén aberto ata o día 8 o prazo para participar nos cursos de formación para o emprego

A oferta formativa está aberta a todas as persoas residentes no municipio en situación de desemprego ou de mellora de emprego

A Concellería de Emprego e Economía Social mantén aberto ata o día 8 o prazo de presentación de solicitudes para participar nos cursos de formación para o emprego correspondentes á programación 2/2015, aos que poden optar todas as persoas en situación de desemprego, ou que optan a mellora de emprego, que residan no municipio coruñés.

Os cursos, con duracións que van desde as 10 ata as 336 horas, abranguen disciplinas como o deseño gráfico e xestión de imaxes con Photoshop, a homologación de soldadura en posición 2F a 4F e en posición 3G a 6G, o debuxo gráfico con Sketchup, actividades auxiliares de almacén e comercio ou  as actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. A oferta inclúe tamén un curso de pintora decoradora, traballos de carpintería e mobles, curso de manipulación de alimentos e de reparación de móbiles e tablets.

Cada solicitante poderá presentarse a un máximo de dous cursos, de xeito que as solicitudes posteriores dunha mesma persoa quedarán excluídas. As persoas interesadas poden obter máis información no Centro Municipal de Emprego de Os Rosales (981 184 399) e no teléfono de información municipal 010.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión