Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

2 de setembro de 2015

O Concello amosa o seu apoio aos praceiros e praceiras dos mercados municipais na súa reivindicación ante a Xunta para que Santa Lucía conte cun centro médico

O Goberno local apremia á Consellería de Sanidade do Goberno autonómico a que se reúna con representantes do Goberno municipal para tratar o tema do centro médico, e recorda que xa son dúas as veces que o departamento de Rocío Mosquera cancelou xuntanzas por este asunto



O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, amosou o seu apoio á reivindicación das distintas asociacións de praceiros e praceiras da cidade que, nunha reunión celebrada esta tarde, acordaron solicitar á Xunta de Galicia que contemple nos vindeiros orzamentos de 2016 unha partida destinada á creación dun centro de saúde no mercado de Santa Lucía. Á xuntanza deste mércores acudiron representantes das asociacións de traballadores e traballadoras dos mercados de San Agustín, Praza de Lugo, Elviña, Adormideras, Monte Alto e Santa Lucía, así como o propio Lema.

A este respecto, o concelleiro apremia á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a que se reúna con representantes do Concello da Coruña para “tratar canto antes o tema do centro médico de Santa Lucía”. O Goberno local recorda que xa son dúas as veces que os representantes do departamento de Rocío Mosquera cancelou unha reunión convocada para abordar esta demanda. “Parece que non hai interese por falar dun asunto tan necesario como este e tan demandado por unha importante parte da cidadanía coruñesa e da veciñanza do barrio de Santa Lucía”, indica o concelleiro, que manifestou que a Xunta de Galicia non estaba a amosar “unha adecuada lealdade institucional” para con esta reivindicación da cidade.

Por outro lado, na xuntanza cos representantes de diversas asociacións de mercados da Coruña, Lema tamén amosou a conformidade do Concello coa intención destas entidades de constituírse nunha federación.

Rematada a xuntanza, o concelleiro de Emprego e Economía Social mantivo outra reunión con representantes do Mercado de San Agustín, na que se acordaron as obras que se levarán a cabo ao longo do vindeiro ano. Estas pasan pola construción dunha nova isleta de froitas e pola restitución do posto orixinal dunha concesionaria que fora desprazada polas anteriores obras.

 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión