Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de novembro de 2015

O concelleiro de Emprego e Economía Social trasladarase a próxima semana a China co fin de establecer relacións comerciais entre o Porto da Coruña e o de Yantian, o segundo do país

Alberto Lema viaxará ata a cidade de Shenzhen, onde se atopa o terceiro peirao do mundo en tráfico de contedores, co obxectivo de "sentar as bases para un marco de colaboración estable que poida ser beneficioso de cara a conseguir investimentos para Punta Langosteira"

O concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, ten previsto desprazarse ata Shenzhen, no sureste de China, entre os días 24 e 30 deste mes co obxectivo de “estudar distintas vías de colaboración entre o Concello da Coruña e esta cidade”, que sobrepasa os 10 millóns de habitantes. O edil procurará a posta  en marcha dun marco estable de relacións empresariais e de carácter comercial entre o porto coruñés e o de Yantian (en Shenzhen), segundo de China en tráfico de contedores e terceiro do mundo.


“O Porto da Coruña, e nomeadamente Langosteira, podería ser moi atractivo para a industria do porto de Yantian de cara a establecer conexións co Norte de Europa, África e América”, indicou Lema, que recordou a necesidade de investimentos que precisa o Porto Exterior, “en cuxa procura o Concello está fondamente comprometido, aínda a pesar de que non está entre as súas obrigas directas, ao ser competencia doutra institución, buscar posibilidades de desenvolvemento”.


Por outro lado, Lema indicou que espera que “todos os actores sociais e institucións involucradas na busca de financiamento para o Porto Exterior estean á altura do Concello da Coruña”.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión