Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

18 de outubro de 2013

Máis de 6.400 estudantes de Primaria e Secundaria participan en 283 talleres sobre consumo responsable que imparte a OMIC

Este ano impártense 60 talleres máis que no curso 2012/2013.

Máis de 6.400 alumnos, a maioría de Educación Primaria e Secundaria, participan este ano nos cursos sobre consumo responsable que imparte a Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) dentro do programa Coruña Educa 2013/2014, o que supón un incremento de 900 estudantes respecto ao curso anterior, cando participaron un total de 5.500 menores.

As actividades foron solicitadas este ano por un total de 33 centros educativos e consisten en proporcionarlles aos alumnos as ferramentas necesarias para adquirir os coñecementos e as habilidades que permitan unha maior liberdade e racionalidade no consumo de bens e na utilización dos servizos.

Este ano impártense un total de 283 talleres, 60 máis que no curso 2012/2013, e inscríbense dentro do programa de Educación para o Consumo da OMIC. Aínda que a maioría dos alumnos son de Primaria e Secundaria, tamén hai estudantes de Infantil, Formación Profesional e Educación para Adultos.

Os talleres máis solicitados son o curso Uso responsable das TIC (móbil, tablet e consolas), Construción de xoguetes con material reciclado, Pirámide de alimentos, Xogar con xoguetes e Alimentación saudable, entre outros.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión