Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

27 de xaneiro de 2015

Entrega de premios da campaña "Compra no teu barrio. Non hai color"

A tenente de alcalde de Emprego e Empresa, Luisa Cid, presidiu esta mañá a entrega de premios da campaña "Compra no teu barrio. Non hai color", unha iniciativa impulsada polo Concello dentro as accións do Plan de Dinamización do Comercio baseada no sorteo de 628 vales de compra e a repartición de 51.000 euros en premios.

Os gañadores dos tres primeiros premios recibiron os seus cheques de man de Cid nun acto no Palacio Municipal de María Pita unha vez finalizada a campaña, que se realizou en decembro. O primeiro premio consiste nun vale de 1.000 euros para mercar no pequeno comercio e os outros dous galardóns, en senllos vales de 750 euros.

A campaña incluíu ademais o sorteo de 5 premios de 500 euros, 20 premios de 250 euros, 100 premios de 100 euros, 200 premios de 75 euros e 300 premios de 50 euros.

Os 628 afortunados poderán trocar os seus vales por compras durante todo o mes de febreiro.

A asociación de comerciantes Área Obelisco -entidade á que pertence o comercio no que se depositou a papeleta do primeiro premio- tamén recibiu un galardón especial de 1.000 euros en servizos de deseño gráfico.

Cid destacou a elevada participación do certame, con 500 comercios participantes, e tamén a contía dos premios, a máis elevada das campañas deste tipo organizadas ata o momento pola Concellería de Comercio.

Documentos:

Lista por zonas (276 KB)

Documentos relacionados

  • Lista anónima de premiados nos premios "Compra no teu barrio. Non hai color" (67 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión