Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

17 de abril de 2015

Curso de márketing

Continúa o noso II Itinerario Formativo para emprendedoras e emprendedores

O vindeiro luns día 20 continúa o noso Itinerario formativo para emprendedoras e emprendedores co curso de Márketing. Este desenvolverase nas nosas instalacións do Centro Municipal de Empresas da Grela nos días 20, 21, 27 e 28 de abril de 10 a 14 [16 horas]. Durante o desenvolvemento da acción, entregarase material docente cunha serie de fichas para cubrir, de forma voluntaria, por parte do alumno, estas serán posteriormente revisadas nun espazo de titorización que se establecerá [ben presencial ou vía online] en base ao número de alumnos que o requiran e a dispoñibilidade de tempo do relator.

 

Obxectivos

O obxectivo do curso é fundamentalmente transmitir os elementos máis relevantes dun plan de márketing e o modo de aplicar os principios básicos do márketing a calquera negocio.

Contido do programa

- O Plan de Márketing

- Estudo de mercado. Análise da empresa e da contorna.

- O DAFO como resumo da análise do mercado e fonte de conclusións.

- Márketing estratéxico

- Márketing operativo

- O Márketing relacional: o cliente como centro dunha relación duradeira.

Relator

Xosé Luis Reza, licenciado en Administración e Dirección de Empresas pola USC, MBA pola Escola de Negocios NCG e Master en eBusiness pola Universitat Politècnica de Catalunya. Desenvolveu toda a súa carreira en diversas responsabilidades de Márketing e Comercialización en compañías como R Cable e Telecomunicacións Galicia, Fundación Semana Verde, Grupo Tecam e La Voz de Galicia. Na actualidade é socio consultor de Iuni consulting e presidente de Markea (Asociación Galega de Márketing), ademais de Delegado en Galicia do Foro de Marcas Renombradas Españolas.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión